• Novas
  • 06 de mayo de 2021

A asociación Ámbar presenta o Banco de Recursos EduDiversa

A asociación Ámbar presenta o Banco de Recursos EduDiversa

Co gallo da Semana Internacional da Educación e o Día da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, a Asociación Ámbar das Persoas con Diversidade Funcional presentou o Banco de Recursos, iniciativa enmarcada no programa de educación inclusiva EduDiversa, que nace coa vontade de facilitar a tarefa dos profesionais docentes na procura dos recursos que mellor se adapten ás características do seu alumnado.

Dispoñible na páxina web da entidade https://asociacionambar.org/banco-recursos-edudiversa/ o Banco  contará tanto con recursos educativos en multiformato como tamén con consellos pedagóxicos e pautas sobre a atención inclusiva así como normativa e protocolos de interese.

Esta nova actividade que lanza Ámbar foi presentada en directo a través da súa rede social Instagram, sendo a mestra e especialista da entidade, María Gómez, a encargada de facelas presentacións e de dirixir un coloquio entre todas as persoas asistentes.