Edudiversa, así é como se chama o proxecto de educación inclusiva que a Asociación Ámbar está a levar a cabo en Ribeira e que vén de celebrar a primeira xornada de formación docente.
Por medio de EduDiversa, a entidade pretende asesorar e formar sobre a atención á diversidade á comunidade educativa, co obxectivo de crear aulas 100% inclusivas.
Nesta primeira formación, que foi impartida pola psicopedagoga Alba Pérez, asistiron 17 docentes de diferentes centros de ensino da comarca, onde se tratou sobre o TEA e a metodoloxía Teacch.
O programa EduDiversa tivo que cancelarse durante a etapa do confinamento que vivimos e agora, coa nova normalidade, a entidade Ámbar está a retomar pouco a pouco a actividade que quedou paralizada.