• Novas
  • 04 de julio de 2022

A Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña premia a COGAMI

A Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña premia a COGAMI

Este galardón, que recoñece a traxectoria persoal e profesional de quen contribúe no desenvolvemento e ao coñecemento de Galicia no exterior, foi recollido durante a cea de gala anual da Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGA-CAT), que congregou a personalidades da vida política, social, artística e empresarial principalmente de Cataluña e Galicia.

No momento de recoller o Título Extraordinario de Excelencia Galega, Anxo Queiruga expresou o seu agradecemento por recoñecer a traxectoria de COGAMI dende hai trinta e dous anos a favor das persoas con discapacidade en Galicia e engadiu que “este recoñecemento que recibimos é moi importante para nós, xa que nos permite dar a coñecer a nosa realidade e supón un importante acicate para seguir construíndo unha sociedade inclusiva”.

Coa concesión desta distinción, COGAMI vense a sumar á lista de premiados nesta edición: Ana María Freire Veiga, María de la Fuente Freire, Manuel Gómez-Franqueira Álvarez, Valeriano Martinez García, Manuel Outumuro, Álvaro Pino Couñago e Alfonso Sánchez Izquierdo, todos vinculados con Galicia.