• Novas
  • 06 de septiembre de 2017

A Asociación de Persoas con Discapacidade de O Carballiño recibiu 3.000 euros para fisioterapia

A Asociación de Persoas con Discapacidade de O Carballiño recibiu 3.000 euros para fisioterapia


Un total de 18 persoas usuarias da Asociación de Persoas con Discapacidade Física de Carballiño e Comarca (ASDIFICA) puideron recibir, dende o mes de abril e ata finais de agosto, tratamentos de rehabilitación e fisioterapia que lles impartiu a entidade.

Este servizo financiouno con 3.000 euros o Concello de O Carballiño a través da área de servizos sociais e, ademais da fisioterapia, comprendeu tamén un obradoiro de movemento, terapias que incidiron positivamente na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade. A través destas sesións, as beneficiarias coincidiron en que lles permitía melloras corporais e cese da dor coa que conviven a diario.