• Novas
  • 02 de noviembre de 2022

A Asociación Galega de Fibrose Quística atendeu setenta e seis persoas en fisioterapia respiratoria e exercicio físico

A Asociación Galega de Fibrose Quística atendeu setenta e seis persoas en fisioterapia respiratoria e exercicio físico

O programa de Atención Especializada a Persoas con Discapacidade que desenvolve a  Asociación Galega de Fibrose Quística prestou servizo a un total de setenta e seis persoas con esta doenza en Galicia.

Financiado pola Xunta de Galicia cos fondos recadados a través do 0,7% do IRPF daquelas persoas que marcaron na declaración da renda o recadro 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, coñecidos pola X Solidaria, o programa contou cun fisioterapeuta para realizar sesións respiratorias e exercicio físico.

Dirixido a pais e nais de menores con fibrose quística, xente nova e adulta, a través do financiamento que se lle achegou a este programa púidose cofinanciar a contratación dunha traballadora social para prestar apoio, asesoramento e orientación ás persoas con fibrose quística e ás súas familias.