• Novas
  • 09 de mayo de 2022

A asociación GRUMICO desenvolve un programa de atención especializada que beneficia a setenta e cinco persoas

A asociación GRUMICO desenvolve un programa de atención especializada que beneficia a setenta e cinco persoas

A asociación GRUMICO (Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña) continúa co seu programa de atención especializada co que, a través do servizo de Traballo Social, Fisioterapia e Terapia Ocupacional, acada a mellora da autonomía persoal e a independencia de persoas con discapacidade.

Baseado nun modelo centrado na persoa, o equipo profesional traballa dun xeito coordinado e sempre en continua comunicación coas 75 persoas beneficiarias do programa.

Para poder levar a cabo este programa, GRUMICO conta co cofinanciamento de 15.000 euros procedentes do 0,7% IRPF daquelas persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 de actividades de interese xeral consideradas de interese social, máis coñecida por X Solidaria, que xestiona a Xunta de Galicia.