• Novas
  • 16 de junio de 2017

A asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarca reúne con Autoridade Portuaria para tratar a mellora da accesibilidade

A asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarca reúne con Autoridade Portuaria para tratar a mellora da accesibilidade

A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas  e responsables da Autoridade Portuaria de Ferrol reuníronse para analizar o estado da accesibilidade nas áreas urbanas que xestiona esta administración. Esta reunión desenvólvese despois de que a Autoridade Portuaria estudiara un informe técnico completo de accesibilidade urbanística que Diversidade Funcional Ferrol lles remitiu no mes de decembro. Neste informe, detectábanse os principais problemas de accesibilidade nas zonas do peirao de Ferrol, estrada alta do porto, A Malata e A Cabana.

Trala análise destas zonas, detectáronse 38 problemas nas beirarrúas e vías peonís como falta de ramplas, as que hai teñen unha demasiado pronunciada, a altura dos bordos, o movemento dalgún mobiliario urbano e doutros obstáculos ou tamén o estado dos firmes que impiden ou dificultan a incorporación e circulación de peóns e cadeira de rodas con seguridade. Tamén se analizaron o deseño e distribución dos pasos de peóns e as prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con mobilidade reducida. A Autoridade Portuaria de Ferrol comprometeuse a executar a adecuación de estas 38 actuacións entre este ano e o vindeiro.

Enmcarcadea dentro do Plan Integral de Accesibilidade para Ferrol,  dende Grupo Diversidade pretenden promover a implicación e compromiso de tódalas administracións públicas para acadar obxectivos temporais de accesibilidade  para dar cumprimento ao Texto Refundido da Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, que establece o horizonte temporal do 4 de decembro de 2017 para que tódolos productos, bens, contornas e servizos sexan accesibles.