• Novas
  • 30 de septiembre de 2022

A Deputación de Lugo e COGAMI renovan convenio para a atención de persoas con discapacidade da provincia

A Deputación de Lugo e COGAMI renovan convenio para a atención de persoas con discapacidade da provincia

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou co presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e co presidente da Federación COGAMI-Lugo, José Luis Lolo, un convenio de colaboración para a atención das persoas usuarias do centro de recursos de Fingoi e do taller prelaboral da Ulloa.

Este convenio servirá para apoiar a continuidade dos servizos do centro de Fingoi, para potenciar a autonomía persoal e favorecer a participación social na contorna das persoas usuarias do centro. 

A Federación COGAMI Lugo tamén recibiu o apoio da Deputación para o obradoiro prelaboral na comarca da Ulloa no que participan 14 persoas de Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla e realizan obradoiros de papel reciclado, encadernación artesanal, serigrafía ou monicreques co fin de facilitarlles a incorporación ao mundo laboral.