• Novas
  • 14 de diciembre de 2021

A entidade AVANZAR retoma o seu programa de balnearios

A entidade AVANZAR retoma o seu programa de balnearios

Despois de un ano de parón ocasionado pola situación de pandemia que vivimos, a Asociación de Persoas con discapacidade das comarcas Umia-Ulla (AVANZAR) retomou a súa actividade de balneario.

Durante o mes de novembro, as persoas socias desta entidade puideron iniciar novamente os seus tratamentos con augas termais no balneario Termas de Cuntis. Esta actividade conta con moito éxito de participación, como así quedou demostrado coa afluencia das 22 persoas con discapacidade socias da asociación.

AVANZAR é unha das entidades que forma parte de COGAMI e que ten como ámbito de actuación a comarca de Caldas, conformada polos concellos de Catoira, Caldas, Valga, Moaña, Cuntis, Pontecesures e Portas.