• Novas
  • 25 de junio de 2021

A Federación ALCER Galicia imparte obradoiro sobre a dinámica familiar na enfermidade renal

A Federación ALCER Galicia imparte obradoiro sobre a dinámica familiar na enfermidade renal

A  Federación Alcer Galicia vén de impartir en Ourense un obradoiro onde abordou como inflúe a Enfermidade Renal Crónica no sistema familiar.

Patricia Casal, psicóloga da Federación ALCER Galicia, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, abordou o tema de como a enfermidade renal afecta non só ao paciente, senón a todo o sistema familiar. Isto fai que teñan que facerse axustes no seo da familia para conseguir atopar un novo equilibrio saudable. Na segunda parte do obradoiro expuxéronse técnicas para mellorar o funcionamento e a comunicación familiar.