• Novas
  • 22 de abril de 2022

A Federación Alcer Galicia organiza grupos de apoio online dirixidos a persoas con enfermidade renal

A Federación Alcer Galicia organiza grupos de apoio online dirixidos a persoas con enfermidade renal

Como colectivo fortemente castigado polos efectos da pandemia e considerado de alto risco, dende a Federación Alcer Galicia, entidade que representa ás catro entidades provinciais de Alcer de loita contra as enfermidades renais, decidiu organizar grupos de apoio.

A través destas xuntanzas, que son en formato virtual, as persoas interesadas en participar poden expoñer as dúbidas que teñan e abordar temas de interese e actuais que lles poden afectar. Coincidindo coa nova norma que non obriga o uso da máscara na cara, este foi un dos temas tratados durante a primeira xuntanza así como a falta de información máis ampla para a nova convivencia co COVID.

Estas charlas, que serán conducidas por un traballador social da entidade, están enmarcadas dentro do Programa Sinerxías, de creación de espazos de confluencia entre as diferentes realidades de cada provincia e está financiado a través do 0,7% do IRPF que chega a través das persoas que marcaron o recadro 106 de Programas de interese xeral para fins de carácter social, coñecida por X Solidaria, e que xestiona a Xunta de Galicia.