• Novas
  • 18 de junio de 2021

A Federación Alcer Galicia organiza o III encontro de menores e familias con enfermidade renal crónica

A Federación Alcer Galicia organiza o III encontro de menores e familias con enfermidade renal crónica

O centro cívico Virginia Blanco do concello de Culleredo reuniu a 9 menores con enfermidade renal crónica, 11 familias e 6  persoas convidadas para participar un encontro e intercambiar vivencias, dificultades e retos a acadar.

O encontro foi inaugurado por Jacobo Rey, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Xeográfica, consellería que financia o programa Medro con Alcer que promove o acompañamento psicosocial a menores e familias, ademais de Rafael Rodríguez, presidente da Federación Alcer Galicia e María José Cagiao, concelleira de Servizos Sociais de Culleredo.

A xornada iniciou coa intervención da doutora Adela Urisarri, pediatra da unidade de referencia en atención a menores con enfermidade renal do CHUS e posteriormente abordáronse temas como a nutrición, como afecta a enfermidade dun fillo á estrutura de parella, así como o impacto psicolóxico da mesma, ademais dun repaso dos recursos educativos dos menores con patoloxías crónicas en canto aos seus procesos académicos.

A busca de espazos en común, acompañamento en grupo e a busca da forza conxunta foron o común denominador dunha xornada cargada de emoción e forza, que foi pechada por representantes do SERGAS e de COGAMI.