• Novas
  • 28 de enero de 2022

A Federación COGAMI Coruña conta con tres persoas traballadoras a través do programa de Cooperación

A Federación COGAMI Coruña conta con tres persoas traballadoras a través do programa de Cooperación

O programa de Cooperación que anualmente convoca a Consellería de Emprego e Igualdade a través da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social posibilitou que a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia da Coruña poida contar durante este ano con tres persoas traballadoras, que supoñen un apoio para os servizos que a entidade presta na provincia.

A educadora social, Marta González, o profesional encargado do mantemento de edificios,  Jorge Eduardo Geiser e o empregado de contabilidade, Jorge Juan Alonso, traballarán coa Federación durante 12 meses ao 75% da xornada.

Este tipo de programas de Cooperación están orientados a entidades sen ánimo de lucro, para que poidan fomentar o emprego a través da contratación de profesionais para desenvolver actividades a favor das persoas con discapacidade. Dende a Federación COGAMI Coruña contaron cunha subvención de 50.454 euros para a contratación destes tres profesionais para desenvolver o Programa de Atención Integral á Persoa con Discapacidade.

Para poder optar a este contrato de Cooperación, as persoas interesadas deben de cumprir con certos requisitos como estar apuntadas como demandantes de emprego no Servizo de Emprego Público de Galicia, ter a formación que se especifica para desenvolver o posto e carecer de experiencia laboral previa.