O programa de Cooperación que anualmente convoca a Consellería de Emprego e Igualdade posibilitoulle á Federación DISCAFIS COGAMI poder contar durante este ano con tres persoas traballadoras, mentres que unha cuarta foi contratada por COGAMI, que veñen a apoiar os servizos que a entidade presta en Ourense.
A traballadora social, Sabela Pérez, a monitora de lecer e tempo libre, Tatiana Estévez, o condutor José Manuel Rey e a auxiliar administrativa, Mariana Ledo, son as catro persoas que entran a formar parte de COGAMI durante o ano de duración que ten este contrato.
Para poder optar a este contrato de Cooperación, as persoas interesadas deben de cumprir cuns requisitos como o de ter que estar apuntada no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego, contar coa formación que se pide para o posto e carecer de experiencia laboral previa.
Este tipo de programas de Cooperación están orientados a entidades sen ánimo de lucro, para que poidan contratar profesionais para desenvolver actividades a favor das persoas con discapacidade.