A presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), Mónica Álvarez, participou na Comisión non permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade no Parlamento de Galicia.
Durante a súa intervención, a Presidenta de ACADAR expuxo os tipos de violencia que viven as nenas e mulleres con discapacidade, recollidas nas guías elaboradas pola entidade, en colaboración con Igualdade na Rede, e aclarou as dúbidas dos distintos grupos parlamentarios.
“Se temos unha educación inclusiva, conquistamos a participación real de todas as persoas na sociedade” sinalou Mónica Álvarez, facendo fincapé en que o camiño para conseguir unha igualdade “é cousa de todas as persoas". Mónica expresou a necesidade de implicar á sociedade, porque dixo, “facémola partícipe”.
Durante a intervención, tamén aproveitou para describir o traballo que ACADAR desenvolve nos concellos pequenos, que definiu como “os que ninguén chega” e nos que se realizan actividades de sensibilización e empoderamento da muller. Mónica argumentou que “as mulleres con discapacidade acceden en menor medida ao mercado laboral pola sobreprotección, o que supón que acaban relegadas ao ámbito máis privado”, por iso expresou a necesidade de que coñezan os recursos que hai.