COGAMI estivo presente na xornada que a Rede TIL organizou en Lugo co gallo da conmemoración do Día Mundial da Xustiza Social. Baixo o lema Emprego e Xustiza Social, Emprego Digno, un Dereito varios poñentes achegaron a realidade na que vivimos a nivel económico e social.
A Rede TIL de Lugo é un foro de encontro, discusión e traballo das entidades do Terceiro Sector e o Campus Universitario de Lugo que ten por misión afondar no coñecemento e intercambio de estratexias e modelos de boas prácticas no campo da orientación,asesoramento e intermediación laboral. Esta rede entende que tanto axentes de emprego como administracións e o conxunto da sociedade deben velar por garantir resultados equitativos para todas as persoas a través del emprego, protección social, diálogo social e principios e dereitos fundamentais no traballo.
Entre os temas tratados, de maneira virtual participou a doutora en Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid, Elena Fernández, quen falou sobre recursos emocionais para a busca de emprego: empatía e asertividade. Posteriormente, nunha mesa redonda sobre emprego digno reuniu a representantes sindicais para falar da reforma laboral e das situacións máis frecuentes que adoitan darse no emprego.