• Novas
  • 27 de mayo de 2020

A través da X Solidaria Amizade desenvolve un servizo que beneficia a 100 persoas da provincia pontevedresa

A través da X Solidaria Amizade desenvolve un servizo que beneficia a 100 persoas da provincia pontevedresa

A Asociación de Persoas con Discapacidade da comarca de Pontevedra (Amizade) ofrece un servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social no que actualmente participan máis de 100 persoas con discapacidade procedentes de diferentes concellos da provincia de Pontevedra.

Este servizo de atención integral está financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos  procedentes da convocatoria de subvencións que as persoas contribuíntes derivan marcando a X Solidaria na Declaración da Renda cando marcan o recadro “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”.

O servizo de atención integral favorece o desenvolvemento das capacidades de cada unha das persoas, fomentar unha mellora na calidade de vida, promover a participación social das persoas con discapacidade a través de actividades de ocio e deportivas e contribuír á sensibilización política e social.