• Novas
  • 01 de junio de 2021

A X Solidaria permite que persoas con fibrose quística poidan recibir terapia con aerosois

A X Solidaria permite que persoas con fibrose quística poidan recibir terapia con aerosois

A Asociación Galega de Fibrose Quística (AGFQ) desenvolve un programa de terapia con aerosois, fisioterapia respiratoria e traballo social no que se están a beneficiar un total de 220 persoas das que 69 teñen esta patoloxía e o resto son familiares e titores.

Este programa, que se desenvolverá durante todo este ano, é posible coa financiación que recibe a través da convocatoria de subvencións destinadas a programas de interese xeral para fins sociais que xestiona a Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF procedentes de todas as persoas que marcaron na declaración da renda o recadro 106 de Actividades de interese xeral consideradas de interese social da X Solidaria.  

Este proxecto de aerosolterapia, fisioterapia e atención integral para persoas con fibrose quística contou cun financiamento de 15.000 euros que posibilita a contratación por parte da AGFQ dun fisioterapeuta para a realización de sesións de fisioterapia respiratoria e exercicio físico dirixido tanto a menores como a proxenitores e persoas adultas. Outra profesional cofinanciada a través da X Solidaria é unha traballadora social que presta apoio, asesoramento e orientación a persoas con fibrose quística e familiares.