• Novas
  • 05 de marzo de 2018

A Xanela asina convenio coa Fundación Siel Bleu España para mellorar a calidade de vida das persoas usuarias da entidade

A Xanela asina convenio coa Fundación Siel Bleu España para mellorar a calidade de vida das persoas usuarias da entidade


A Asociación de Discapacitados Activos de As Pontes (A Xanela) e a Fundación Siel Bleu España, a través da súa delegación en Galicia, veñen de firmar un convenio de colaboración para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade a través de programas de estimulación cognitiva e de envellecemento activo.

O propósito desta unión é crear un equipo de traballo multidisciplinar para poñer en marcha un conxunto de actividades encamiñadas a frear o deterioro asociado ao envellecemento, ás enfermidades asociadas así como a mellorar as capacidades físicas das persoas, en idade adulta, con discapacidade.

Durante este ano, un equipo de traballo da Fundación Siel Bleu España achegarase ata o centro da Xanela para desenvolver un programa de mantemento físico no que se dará prioridade á prevención das caídas, á mellora do patrón da marcha, ao aumento no rango articular e da capacidade aeróbica das persoas participantes para crear unha base funcional que permita mellorar a calidade de vida, especialmente no ámbito das actividades básicas da vida diaria.