• Novas
  • 10 de mayo de 2022

A Xunta apoia os programas de inclusión laboral de COGAMI e ACADAR

A Xunta apoia os programas de inclusión laboral de COGAMI e ACADAR

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, acompañado da presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), Mónica Álvarez, e da coordinadora de Áreas de COGAMI, Charo Lema, mantiveron unha xuntanza co director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado. Neste encontro, avaliaron os diferentes programas que se puxeron en marcha de apoio e transición ao emprego para persoas con discapacidade e que apoiou a Xunta cunha aportación de 150.000 euros para desenvolver iniciativas inclusivas en A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo.

Dende a Dirección Xeral púxose en valor o traballo que realizan tanto dende COGAMI como ACADAR na promoción da inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade e impedir que se encontren nunha situación de vulnerabilidade económica.

Da contía total, 100.000 euros foron concedidos a COGAMI a través da orde de axudas do 0,7% do IRPF e os 50.000 euros restantes foron ao abeiro da orde de axudas de iniciativa social para os anos 2020-2022, para os gastos de funcionamento de centros de inclusión e emerxencia, actuacións que complementen os servizos sociais básicos ou intervencións para a integración sociolaboral.