• Novas
  • 07 de junio de 2023

A Xunta explica en COGAMI as axudas para a compra de bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido para cadeiras de rodas

A Xunta explica en COGAMI as axudas para a compra de bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido para cadeiras de rodas

Abre o prazo para solicitar axudas para a merca de bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido para cadeiras de rodas. Así o anunciou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, durante a visita que realizou ás instalacións que COGAMI ten na cidade.

Arias explicou que a convocatoria deste ano subvenciona tanto a compra de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido como as de man híbridas ou eléctricas, mediante as que se dota unha cadeira de rodas que en termos de mobilidade ten características análogas ás dunha bicicleta eléctrica, facilitando a adaptación das cadeiras de rodas das persoas con mobilidade reducida.

Ata o 15 de novembro de 2024 está aberta esta convocatoria para solicitar as axudas nas que a Xunta achega ata o 50 % do prezo da bicicleta eléctrica, cun máximo de 500 €. No caso das familias numerosas, os incentivos cobren o 60 %, cunha achega tope de 600 €; e, de ser familia numerosa con categoría especial ou de mercar as bicicletas de man híbridas ou eléctricas, as axudas acadan o 70 % do custo, ata un máximo de 700 €.