• Novas
  • 17 de febrero de 2022

Aberta a inscrición para o curso de control de accesos que COGAMI iniciará a primeiros de marzo en A Coruña

Aberta a inscrición para o curso de control de accesos que COGAMI iniciará a primeiros de marzo en A Coruña

O 7 de marzo, COGAMI iniciará un curso de controlador/a de accesos nas instalacións que a entidade ten en A Coruña. Para poder inscribirse nesta formación, é necesario cumprir estes requisitos: ser menor de 30 anos, ter realizada inscrición no sistema nacional de garantía xuvenil, ter certificado de discapacidade e/ou incapacidade laboral para profesión habitual.

Este curso está financiado pola Fundación ONCE a través da convocatoria de axudas económicas concedidas, dentro de formación extra, do Programa `Un a Un´ de reforzo da empregabilidade de persoas novas con discapacidade.

Cun horario de 9 a 14 horas, as clases terán unha duración de 265 horas, sendo teóricas ata finais de abril e prácticas ata finais de maio.

Con formacións como esta, COGAMI contribúe á preparación e cualificación de persoas con discapacidade desempregadas da comarca de A Coruña, pretendendo mellorar as súas posibilidades no mercado laboral, como reflicten os datos do ano pasado: atoparon emprego o 31% das persoas que se formaron con COGAMI.