• Novas
  • 19 de julio de 2022

ACADAR aposta pola dixitalización dos servizos coa dotación de equipos informáticos

ACADAR aposta pola dixitalización dos servizos coa dotación de equipos informáticos

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR, foi dotada de equipos informáticos nas delegacións que ten a entidade, coa finalidade de facilitar a comunicación e a coordinación entre o equipo e poder ofrecer un servizo de calidade e de aproximación ás mulleres con discapacidade.

A adquisición dos equipos tecnolóxicos foi posible a través da cofinanciación  da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia, coñecida pola X Solidaria.

A utilización das TIC ten cada vez máis importancia, non só a nivel profesional senón persoal, feito que se viu intensificado trala chegada do COVID-19. Para as entidades sociais como ACADAR, son unha alternativa real como estratexia de atención a medio e longo prazo. O seu emprego permite implementar un novo modelo de asistencia, especialmente cando falamos de mulleres con discapacidade, podendo prestar servizos cando existe dificultade de facelo de maneira presencial.