A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), en colaboración con Concello de Lugo, vai iniciar catro obradoiros dirixidos a mulleres con discapacidade. Baixo o título Emprego e Saúde a través do Empoderamento, estes talleres buscan fomentar o desenvolvemento das habilidades persoais, sociais e prelaborais das participantes.
A autoestima, autoconcepto, habilidades de comunicación, sexualidade feminina e o manexo das TIC son algunhas das temáticas que se van abordar nestes obradoiros que se van levar a cabo de maneira presencial no centro Uxío Novoneira.
Estes catro obradoiros son de carácter gratuíto pero con límite de prazas para manter as medidas de seguridade e hixiene ante o COVID-19, sendo necesario reservar praza contactando telefonicamente no teléfono 674 073 092.
Hai dúas quendas para escoller sendo estas: os luns 23 e 30 de agosto e 6 e 13 de setembro de 10h a 13h. ou os mércores 25 de agosto e 1, 8 e 15 de setembro de 10h a 13h.
