• Novas
  • 08 de junio de 2023

ACADAR promoverá o apoderamento e autonomía persoal das mulleres con discapacidade

ACADAR promoverá o apoderamento e autonomía persoal das mulleres con discapacidade

Un total de 85 mulleres con discapacidade participaron durante 2022 no ‘Programa de Apoderamento e Activación para o Emprego’ desenvolvido por ACADAR nos concellos de Ourense, O Carballiño, Chantada ou Lalín, dentro do programa Incorpora da Fundación ”la Caixa”, co obxectivo de fomentar o apoderamento das mulleres con discapacidade a través da inclusión social e laboral.

Entre outros aspectos, constatouse que o 75% desas mulleres non contaba coas habilidades e/ou ferramentas necesarias a nivel informático para acceder a una busca de emprego a través de recursos telemáticos. Así, facilítanse espazos para poder dar resposta a este tipo de necesidades e apoialas na súa inclusión sociolaboral a través dunha intervención individual e grupal destinada a desenvolver as súas competencias nas TIC.

“O valor do programa é que nos aporta pautas para aprender e mellorar no acceso ao emprego e á vez desenvolver coñecementos básicos”, asegura una das mulleres participantes no programa, que responde ás iniciais JCM.

O ano pasado en Galicia dedicáronse 250 horas á atención individual, acadouse a inclusión laboral de 8 mulleres con discapacidade e impartíronse máis de 100 horas de sesións grupais de apoderamento, habilidades prelaborais e alfabetización tecnolóxica

“Dende ACADAR, temos como prioridade a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa participación en tódolos ámbitos da sociedade” afirma a presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez, destacando a necesidade de “facer fronte as discriminacións que lles afectan en diferentes áreas da súa vida, especialmente en aquelas esenciais para a construción dun proxecto de vida propio, como é o caso do acceso e permanencia no mercado laboral“.

Durante 2023, o ‘Programa de Apoderamento e Activación para o Emprego’  levarase a cabo tamén en outros puntos do territorio nacional como Andalucía, Aragón, Madrid, Navarra, Murcia ou Estremadura de cara a contribuír co Obxectivo de Desarrollo Sostenible de igualdade de xénero (ODS 5), para o que é imprescindible acabar ca discriminación e a vulneración dos dereitos sociais, económicos, civís e políticos que enfrontan as mulleres e nenas con discapacidade.