• Novas
  • 17 de marzo de 2021

ACADAR visibiliza as maneiras de violencia que se exercen contra as mulleres con discapacidade

ACADAR visibiliza as maneiras de violencia que se exercen contra as mulleres con discapacidade

Dar a coñecer cal é a incidencia real de violencia contra as mulleres con discapacidade e as súas diferentes tipoloxías, así presentaba en Santiago de Compostela a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) o seu proxecto Descubre Realidades!.

Financiado pola Xunta de Galicia, a presentación deste proxecto contou coa asistencia da conselleira de Emprego e Igualdade,  Mª Jesús Lorenzana, a conselleira de Política Social, Fabiola García, a presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

Co fin de dar a coñecer a incidencia real de violencia contra as mulleres con discapacidade a través da sensibilización da sociedade, ACADAR presentou unha campaña audiovisual que consiste en sete vídeos que recollen sete historias reais de mulleres que viviron en primeira persoa diferentes maneiras de exercer violencia contra elas, sendo estas: física, sexual, estrutural, psicolóxica, económica, obstétrica e cultural.

Segundo datos presentados pola presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez, “o dobre de mulleres con discapacidade viviron violencia física severa por parte da súa parella en comparación coas mulleres sen discapacidade”. Máis datos aportados por Mónica Álvarez son os que presenta como que o 35% das mulleres con discapacidade sufriu violencia física ou sexual, referíndose á sexual como “unha acción de intimidación ou invasión non consentidas sobre o corpo da muller con fins sexuais, pudendo ser exercida por calquera persoa da contorna da vítima”.

Neste enderezo https://www.descubrerealidades.org podes ver os sete vídeos editados.