ACEM Coruña leva a cabo un programa de Atención Integral para persoas con esclerose múltiple
  • Novas
  • 08 de junio de 2021

ACEM Coruña leva a cabo un programa de Atención Integral para persoas con esclerose múltiple

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) está levando a cabo un programa de Atención Integral para persoas con esclerose múltiple, destinado á prestación do servizo de atención social para aquelas persoas afectadas pola enfermidade e que contan cun grao alto de discapacidade.

Mediante a realización deste programa, dende a entidade pretenden cubrir as distintas necesidades que presentan as persoas con esclerose múltiple e, ao mesmo tempo, inténtase minimizar aquelas dificultades coas que se atopa a persoa no seu día a día.

Para levar a cabo este programa, ACEM conta co cofinanciamiento da Xunta de Galicia a través das subvencións destinadas á realización de programas de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, daquelas persoas contribuíntes que marcan o recadro 106 de Actividades de interese xeral consideradas de interese social, máis coñecida pola X Solidaria.