AEGA e COGAMI asinan un convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto dunha serie de medidas co obxectivo común de acadar a accesibilidade universal. Este acordo, que foi asinado por Ángeles Ríos, presidentade ASIME, e Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, pretende converterse nunha ferramenta útil para potenciar a accesibilidade universal na construcción e na rehabilitación tanto de vivendas como de edificios administrativos, comerciais, etc. co fin de que todas as instalacións sexan cada día máis accesibles para todas as persoas.
Grazas a este convenio, asegurou Ángeles Ríos, "imos poder traballar de forma conxunta para facilitar que toda as galegas e galegos poidan chegar ás súas vivendas ou seus barrios polos seus propios medios".
E neste sentido, engadiu "non pode ser que en cidades do outro lado do charco a preocupación sexa como facer accesibles as terrazas dos edificios para que os supermercados leven a compra con drones, e en Galicia haxa persoas que non poidan saír das súas casas, temos que seguir avazando neste senso".
Pola súa parte, Anxo Queiruga, presidente de COGAMI recalcou que "a importancia deste acordo vainos permitir un traballo conxunto na procura da mellora da accesibilidade, tan necesaria para toda a sociedade, non só para as persoas con discapacidade". Queiruga tamén recalcou que "con este acordo poderemos potenciar a noso servizo de asesoramento ao contar co coñecemenno das empresas do sector".
Ambas entidades coinciden en que a accesibilidade é unha condición fundamental para garantir o cumprimento do principio de igualdade de oportunidades, e á vez repercute nunha mellora da calidade de vida de toda a cidadanía porque a accesibilidade afecta a todas as persoas e é para todas, sendo fundamental o seu desenvolvemento tanto en espazos públicos como privados.
Neste acordo plásmase un plan de actuación conxunta para a sensibilización e concienciación da cidadanía en materia de accesibilidade así como para o fomento de actuacións da Administración Pública en prol da súa mellora. Entre outras medidas, recóllese o fomento de axudas públicas e a adopción de criterios comúns e eleiminación de barreiras por parte da Adminsitración para dar accesibilidade a aqueles edificios que non o son.
Contémplase tamén a adopción de medidas encamiñadas a facilitar a inserción do mercado laboral de persoas con discapacidade, así como a realización de prácticas non laborais en empresas. Así mesmo, ambas entidades comprométense a celebrar conxuntamente e con periodicidade anual un Congreso sobre accesibilidade.
Durante o acto de firma, AEGA sinalou ueo 65% de edificios veciñais en España non son accesibles e recordou que antes do 4 de decembro de 2017, os edificios de vivendas existentes en réxime de propiedade horizontal deberán facer obras para garantir a accesibilidade e que todas as persoas poidan facer uso dos elementos comúns, como recolle o Texto Refundido da lei de dereitos das personas con discapacidade e da súa inclusión social.