• Novas
  • 22 de diciembre de 2022

AFFOU beneficia a máis de 80 persoas a través do programa de atención especializada

AFFOU beneficia a máis de 80 persoas a través do programa de atención especializada

Co fin de mellorar a calidade de vida das súas persoas, a Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense, AFFOU, desenvolveu durante este ano un programa de atención integral especializada.

Foron un total de 80 persoas con fibromialxia e/ou síndrome de fatiga crónica da provincia de Ourense as que se beneficiaron deste programa que está financiado a través dos fondos do 0,7% do IRPF que xestiona a Xunta e que proceden das persoas que marcaron na declaración da renda o recadro 106 de Actividades de interese xeral consideradas de interese social.

A fibromialxia e a síndrome de fatiga crónica son dúas enfermidades diferentes, pero cunha forma de presentación e síntomas similares de diagnóstico clínico. As dúas son de causa descoñecida, crónicas e sen cura na medicina actual, causan efectos invalidantes para o traballo e as tarefas cotiás, extremadamente negativos na esfera laboral, social, familiar e económica de quen a ten. Hai que destacar que esta doenza afecta principalmente ás mulleres.