A Asociación Galega de Linfedema e Lipedema (AGL) participou nunha conferencia na facultade de Fisioterapia de Pontevedra, unha oportunidade para explicar o labor que desenvolve esta entidade, sobre as doenzas que representa e trasladar a experiencia de como viven as persoas que as teñen.
Estas charlas de sensibilización serven para que futuras e futuros profesionais da fisioterapia empaticen coas persoas que serán, de seguro, pacientes proximamente. Para AGL resulta de vital importancia interactuar co estudantado dunha disciplina que vai ser moi importante no tratamento do linfedema e lipedema.
Dende AGL aproveitaron esta charla para trasladar o seu agradecemento á Facultade de Fisioterapia porque cada ano lles brinda a oportunidade de entrar nas aulas para sensibilizar a un colectivo que desenvolverá, en breve, un traballo relevante para as persoas con linfedema e lipedema.