A Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL) participou na apertura do curso escolar da Universidade de A Coruña realizando unha xornada de portas abertas con outras entidades sociais.
Dende a entidade cualifican como “unha experiencia moi positiva” esta participación porque foron moitas as persoas que se achegaron ata onde estaba o seu punto informativo interesadas por ter información máis polo miúdo das enfermidades coas que traballa AGL.
Dende AGL cualifican de “grande oportunidade” o poder estar presente ante o estudantado porque permite visibilizar o traballo que desenvolven e tamén presentarse ante futuros profesionais do ámbito sociosanitario e que nun futuro traballarán con persoas con estas doenzas.