• Novas
  • 09 de diciembre de 2020

AGORA recibe vehículo adaptado da man de Fundación ONCE, Real Patronato da Discapacidade e Ford España

AGORA recibe vehículo adaptado da man de Fundación ONCE, Real Patronato da Discapacidade e Ford España

Ata Madrid desprazáronse o presidente da Asociación de Persoas con Discapacidade AGORA de Monforte de Lemos, Manuel Barreiro, e maila directora do centro da entidade, Mónica Álvarez, para recoller un dos once vehículos adaptados que foron entregados pola Fundación ONCE, o Real Patronato sobre Discapacidade e Ford España a un total de once entidades socias da discapacidade.  

Este vehículo, permite mellorar a mobilidade e a calidade de vida das persoas usuarias da entidade monfortina quen, actualmente, dispón de 2 furgonetas adaptadas que realizan o transporte a un total de 20 persoas das zonas de Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Currelos, Bóveda e Pantón.

Esta entrega de furgonetas a entidades do sector da discapacidade está enmarcada na colaboración que manteñen a Fundación ONCE e o Real Patronato sobre Discapacidade para favorecer a accesibilidade e promover a eliminación de barreiras en todos os ámbitos.