• Novas
  • 13 de abril de 2021

ALCER, AMICO e ACEM Compostela: entidades de COGAMI presentes na I Feira da Saúde do Concello de Ames

ALCER, AMICO e ACEM Compostela: entidades de COGAMI presentes na I Feira da Saúde do Concello de Ames


Un total de 17 entidades vinculadas ao ámbito socionsanitario foi as que reuniu o concello de Ames no Pazo da Peregrina de Bertamiráns na organización da I Feira da Saúde e Benestar, sendo tres delas entidades membro de COGAMI: Alcer, ACEM Compostela e AMICO.

Durante a fin de semana, as tres entidades participaron en charlas de sensibilización e fomentando sinerxías entre o terceiro sector da comarca compostelá proporcionadas a través deste espazo compartido.

As entidades, que contaron coa presenza de membros das súas xuntas directivas e tamén persoas voluntarias, aproveitaron este encontro para presentar os servizos que desenvolven sendo de atención, asesoramento e intervención a persoas con discapacidade e/ou enfermidade crónica.