• Novas
  • 07 de febrero de 2022

Alcer Coruña levou a cabo tres xuntanzas con persoas con enfermidade renal crónica e familias

Alcer Coruña levou a cabo tres xuntanzas con persoas con enfermidade renal crónica e familias

No mes de xaneiro deste ano que iniciamos, a asociación Alcer Coruña realizou tres xuntanzas con persoas diagnosticadas de enfermidade renal crónica e familiares. Cunha duración aproximadamente de hora e media cada unha, as tres foron realizadas nas delegacións que Alcer ten en A Coruña, Ferrol e Santiago.

Baixo o nome de Tardes con Alcer, un total de 13 persoas asistiron a estas charlas que pretenden, como obxectivo principal, servir de intercambio de experiencias e de interacción social ao mesmo tempo que se prevé o illamento social e tentar minguar os medos e inquedanzas que provoca o diagnóstico e vivencia dunha enfermidade crónica.

Todos estes encontros son abertos e gratuítos para as persoas con enfermidade renal crónica e familiares.