• Novas
  • 01 de febrero de 2023

Alcer Coruña retoma a actividade das actividades en grupo tralo parón do Nadal

Alcer Coruña retoma a actividade das actividades en grupo tralo parón do Nadal

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril volve retomar a súa actividade tralo parón xerado durante as datas de Nadal, volvendo a poñer en marcha as sesións de Tardes con Alcer, nas que participan persoas diagnosticadas de enfermidade renal crónica, tanto en etapa avanzada como tamén as que están con tratamento renal substitutivo, como a diálise ou o transplante.

Esta actividade ten como obxectivo principal o poder intercambiar experiencias e fomentar a interacción social, co fin de previr o illamento social e a soidade non desexada. Estas xornadas de contacto entre persoas que pasan por unha situación similar serven tamén opara minguar os medos e inquedanzas que provoca o diagnóstico e a vivencia cunha enfermidade crónica.

Nas primeiras xuntanzas desenvolvidas nas sedes que a entidade ten en  A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela participaron 16 persoas. Estes grupos son abertos a toda a cidadanía con enfermidade renal crónica e gratuítos. Para quen teña interese en asistir, pode contactar coa entidade no teléfono 670 339 066 ou vía mail info@alcercoruna.org.