A Asociación para a Loita Contra Enfermidades do Ril (Alcer Coruña) reuniu en A Coruña a máis de 40 persoas transplantadas de ril, en tratamento de hemodiálise e familiares, durante a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrou no hotel Meliá María Pita de A Coruña.
Nesta xuntanza, membros da xunta directiva de Alcer e persoal técnico presentaron os datos alcanzados durante o exercicio do ano 2018, as contas de gastos efectuados para levar a cabo os proxectos desenvolvidos e tamén adiantaron a programación que executarán durante este ano 2019.
Durante a asemblea fíxose unha homenaxe ao socio de honra, José Joaquín Fernández Regueira, falecido en 2004 e que foi o primeiro presidente de Alcer, cargo que ostentou durante máis de 15 anos. Emitiron en recordo a José Joaquín un vídeo homenaxe e fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa á súa viúva, Marina Rey.
O acto pechou coa asistencia do concelleiro do PP Coruña e deputado, Miguel Lorenzo, o responsable local e membro do BNG, Manuel Francisco, a candidata do PSOE á alcaldía de A Coruña, Inés Rey, a primeira tenente de alcalde do concello de A Coruña e concelleira de Medio Ambiente e Mobilidade Sostible, María García, ademais do Irmán Maior do Hospital, Alberto Lens, e a presidenta da SEFAC, Montserrat Lage.
Posteriormente compartiron un xantar que rematou cunha actuación de baile e un paseo con foto ante a pancarta DOAR ÓRGANOS É SALVAR VIDAS.