• Novas
  • 07 de febrero de 2022

Ambar abre o prazo de inscrición para o curso de comercio e entrega e recollida a domicilio

Ambar abre o prazo de inscrición para o curso de comercio e entrega e recollida a domicilio

A Asociación Ambar abre o prazo para a inscripción no curso de formación sobre Actividades Auxiliares de Comercio e Entrega e Recollida a Domicilio que vai iniciar o 1 de marzo no centro de recursos que a entidade ten no concello de Ribeira.  

Este curso está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Fundación ONCE a través da convocatoria de Axudas Económicas a proxecto de Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa de Emprego Operativo de inclusión Social e Economía Social POISES 2014-2020.

Cunha duración de 300 horas, impartidas de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, a formación está destinada a persoas con discapacidade, tendo como obxectivo que as persoas participantes obteñan un perfil polivalente na área de comercio para os postos de repoñedor, repartidor ou auxiliar de comercio.

A formación, totalmente gratuíta, conta cun beca de asistencia de 9 euros ao día e da posibilidade de transporte adaptado. O grupo será dun máximo de 10 persoas e para reservar a praza, é necesario contactar coa entidade no teléfono 981 87 44 80, no mail empregoinclusivo@asociacionambar.og ou a través da páxina web da asociación.