O centro de recursos da Asociación Ámbar acolleu a segunda xornada formativa do proxecto de educación inclusiva EduDiversa TDAH na aula: Motivando e creando. Orientacións pedagóxicas, un proxecto que cofinancian a Obra Social “la Caixa” e é totalmente gratuíto para as persoa participantes.
Impartida pola pedagoga, experta en intervención social, directora de Positivando Gabinete Educativo, impulsora de “Pedagoxía positiva” e coordinadora de formación da Asociación TDAH Salnés, Paula Pérez Gullón, a esta formación asistiron un total de 15 persoas relacionadas co mundo educativo.
EduDiversa nace para reforzar os apoios á diversidade na educación ordinaria da comarca da Barbanza e que xorde a raíz do informe do Comité sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU en relación á situación educativa en España, no que se recolle que no sistema educativo español non existe un recoñecemento xeneralizado do modelo de dereitos humanos da diversidade e hai unha falta de acceso á educación inclusiva e de calidade”.
Dende Ambar levaron a cabo enquisas durante a fase de investigación para ver as necesidades de apoio en atención á diversidade na comarca, das que xurdiron liñas estratéxicas e as necesidades en formación e asesoramento para equipar ao profesorado de máis recursos para traballar en prol da inclusión efectiva.