A Asociación Nacional de Amputados de España ten un programa de fisioterapia para persoas con amputacións residentes en Galicia que ademais ofrece a posibilidade de que un experto ortoprotésico rectifique próteses e amose técnicas de vendaxe e axustes.
Financiado pola Fundación ONCE, o programa consiste en ofrecer 4 sesións mensuais de fisioterapia ou terapia ocupacional baixo a supervisión dun/ha profesional especializado e acreditado.
Desde que iniciou o programa, xa son 22 as persoas que se inscribiron no mesmo despois de contactar con COGAMI a través do correo electrónico correo@cogami.gal ou no teléfono 981 574 698. Será COGAMI quen se encargue de recoller os datos da persoa interesada e o número de sesións que desexa tomar, sendo posibles catro mensuais como máximo.
O tratamento rehabilitador deste programa suporá un custo de 5 euros por sesión que se poderán tratar nestes centros:
|
Vigo Fisioterapia COGAMI Rúa As Teixugueiras, nº 15 36212 Navia -Vigo Tfno. 986 281 893 - 607 20 40 39 |
Santiago de Compostela Fisioterapia Combina Social Rúa/ Dublín, nº. 3 15707 Santiago de Compostela Tfnos. 981 57 42 30 - 673 101 996 |
|
A Coruña Centro de Fisioterapia Marineda Calle Médico Durán, 26 baixo 15005 A Coruña Tlf.. 981 14 42 45 – 689 81 84 64 |
Lugo Centro Médico Fisioterapia Ronda S.L.U. Ronda Muralla 52 1ºC 27002 Lugo Tfnos: 982 24 25 56 - 627 10 25 70 |
Non existe límite de idade para apuntarse a este programa, calquera persoa que teña unha amputación pode beneficiarse da fisioterapia especializada.