O movemento asociativo de COGAMI vai incrementando coa entrada de delegacións provinciais de entidades que xa formaban parte dalgunha das catro federacións provinciais e que foron solicitando a entrada no resto.
Durante as asembleas ordinarias organizadas este ano 2022, en cada unha destas catro federacións provinciais, aprobouse, por unanimidade, a entrada na Federación Discafis-COGAMI de Ourense da delegación de AGL (Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías Vasculares Periféricas) e de ASOTRAME (Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea).
A Federación COGAMI Pontevedra foi a seguinte en celebrar a asemblea ordinaria e tamén a que aprobou a entrada de ASOTRAME, ao igual que aceptaron o seu acceso na Federación de COGAMI Lugo, xunto coa delegación de AGL, AGFQ (Asociación Galega de Fibrose Quística) e a entrada por vez primeira na familia COGAMI de ALUCEM (Asociación Lucense de Esclerose Múltiple).
A última en celebrar a asemblea anual foi a Federación COGAMI Coruña e nela aprobouse a entrada de AGL, se ben están no proceso de solicitar a entrada outras tres entidades que poderán conseguir este acceso ao longo do ano, sendo estas: AGAPA (Asociación Galega de Persoas Amputadas), ASARGA (Asociación Galega de Sarcoma) e ACCU CORUÑA (Asociación de Crohn e Colite Ulcerosa da provincia de A Coruña).