O centro de recursos de COGAMI en Medelo, en Silleda, colaborou en que o Nadal deste concello sexa máis sostible, ao non haber ningunha lámpada conectada á luz eléctrica. Durante estes días as prazas están a ser adornadas cos deseños elaborados no centro e tanto as persoas usuarias, como profesionais de Medelo acompañaron ao Alcalde, Manuel Cuiña, e á concelleira de Cultura, Mónica González, para ver como están quedando as rúas trala colocación.
Xa foron instalados os elementos decorativos nas prazas da Igrexa, Juan Salgueiro, Siñor Afranio e A Bandeira. Para o seu deseño empregáronse materiais aos que lle deron un segundo uso como madeiras, teas, máis de 1.600 botellas de plástico, 2.000 perchas, pratos de plástico, atrapa soños e 1.600 círculos feitos con tubos e teas. Durante estes días, todas estas pezas van ir acompañadas de carteis sensibilizadores que irán colocando persoas usuarias de Medelo.
O alcalde, Manuel Cuiña, agradeceu o traballo realizado polo centro de Medelo e sinalou que "sobre todo tendo en conta o pouco tempo co que contaron, e as moitas horas que dedicaron con agarimo a cumprir con este reto”.