Durante o ano 2021, COGAMI realizou un intenso labor de concienciación, sensibilización e difusión a través das catro redes sociais que ten operativas: Facebook, Twitter, Linkedin e Instagram. As catro suman unha cantidade de persoas seguidoras que chega a acadar as 23.572, converténdose nunha das organizacións representativas da discapacidade con máis followers.
Facebook foi a primeira rede social na que se embarcou COGAMI e tamén é a que contempla o maior número de persoas seguidoras, pechando o ano con 10.775. Lnkedin séguea de preto con 8.471, ao igual que as 8.471 de Twitter e, a rede social Instagram, operativa dende o mes de febreiro para contar o día a día dos centros de recursos, conta xa con 1.037 persoas que a seguen.
Todas estas redes sociais abríronse para publicar contidos cos que se pretende contribuír na creación dunha sociedade máis tolerante, empática e igualitaria en dereitos. Con estes obxectivos publicáronse durante 2021 máis de 1.100 contidos que tiveron unha resposta por parte das persoas seguidoras como así o indica as máis de un millón cento corenta mil visualizacións obtidas.
Entre os contidos publicados resáltanse as dúas campañas lanzadas por COGAMI, unha delas para sensibilizar sobre a discapacidade orgánica durante o Día da Saúde e a outra, lanzada durante a semana do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, onde se resaltou o valor social e como este beneficia ás persoas. Outras das dezasete campañas de sensibilización nas que se participou serviron como apoio a outras entidades do sector, para compartir a causa común que, en definitiva, defendemos como compromiso coa inclusión.