• Novas
  • 09 de febrero de 2023

As redes sociais de COGAMI contan con máis de 30.000 persoas seguidoras

As redes sociais de COGAMI contan con máis de 30.000 persoas seguidoras

Durante o ano 2022, COGAMI realizou un intenso labor de concienciación, sensibilización e información a través das redes sociais que ten operativas a Organización, tanto en COGAMI Social como en COGAMI Empresarial. Todas as redes abertas suman unha cantidade de persoas seguidoras que chegan a acadar as 30.155, converténdose nunha das organizacións representativas da discapacidade con máis followers.

Todas estas redes sociais abríronse para publicar contidos cos que se pretende contribuír na creación dunha sociedade máis tolerante, empática e igualitaria en dereitos. Con estes obxectivos publicáronse durante 2022 máis de 860 contidos que obtiveron máis de un millón cento dezaseis mil visualizacións por parte das persoas seguidoras.

Entre os contidos publicados resaltan a campaña de denuncia Espera e desespera organizada xunto con COCEMFE diante dos edificios oficiais de valoración da discapacidade, tivo 49 impactos en prensa e 7.638 persoas alcanzadas en redes. Un total 29 campañas foron difundidas a través das redes sociais, tanto de apoio do noso movemento asociativo como tamén de entidades do terceiro sector, para compartir a causa común que, en definitiva, defendemos como compromiso coa inclusión.