• Novas
  • 22 de diciembre de 2020

As vivendas tuteladas da asociación AGORA renovan mobiliario coa financiación da X Solidaria

As vivendas tuteladas da asociación AGORA renovan mobiliario coa financiación da X Solidaria

A Asociación AGORA de Monforte de Lemos vén de adquirir equipamento e mobiliario para as dúas vivendas tuteladas que a entidade ten na localidade monfortina que contan con sete prazas públicas financiadas pola Xunta de Galicia.

Esta adquisición foi posible a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social” e que xestiona a Xunta de Galicia.

A través dos fondos recibidos, AGORA puido renovar o mobiliario dos salóns das dúas vivendas tutelada, nos que instalaron dous armarios de almacenaxe e dúas mesas de comedor coas correspondentes cadeiras. Ademais, instaláronse armarios totalmente accesibles a persoas con mobilidade reducida nos 5 dormitorios, y también camas articuladas e cabeceiros para as mesmas.