ASOTRAME organiza a segunda edición da Carreira que Nunca Para: Quilómetros de Vida para a Investigación
  • Novas
  • 04 de mayo de 2021

ASOTRAME organiza a segunda edición da Carreira que Nunca Para: Quilómetros de Vida para a Investigación

A Carreira que Nunca Para: Quilómetros de Vida para a Investigación que organiza ASOTRAME (Asociación Gallega de Afectados por Trasplantes Medulares) lanzou este ano a súa segunda edición que, ao ser en formato online, estase a desenvolver durante todo este ano 2021.

A finalidade deste evento é o de recadar fondos para apoiar o proxecto ADIANTHE que se desenvolve no grupo de investigación do servizo de hematoloxía do hospital CHUS de Santiago de Compostela. Todos os fondos destinaranse a financiar a liña de investigación de aplicación e desenvolvemento de intelixencia artificial en tumores hematolóxicos.

Para poder participar nesta carreira solidaria de ASOTRAME, hai que inscribirse neste enderezo web http://www.lacarreraquenuncapara.com/. As rutas comprenden unha distancia de 5 quilómetros por distintos concellos de Galicia como: Nigrán, Valdoviño, Ares, Santiago, Lugo, Baiona, Sigüeiro, Narón, Culleredo e Moraña, e que se poderán percorrer andando ou correndo Cada ruta que se realice, contará cun donativo de inscrición de 3 euros que irán destinados ao proxecto ADIANTHE.