• Novas
  • 27 de diciembre de 2021

ASOTRAME recibe o Premio Solidario Cidade de Ferrol polo club de lectura con pacientes hematolóxicos

ASOTRAME recibe o Premio Solidario Cidade de Ferrol polo club de lectura con pacientes hematolóxicos

No Día Internacional da Solidariedade Humana, o Concello de Ferrol agasallou co Premio Solidario á Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares (ASOTRAME), polo labor solidario que desenvolve no Club de Lectura dirixido a pacientes de hematoloxía que están no proceso de ingreso hospitalario, en tratamento no hospital de día e tamén está dirixido a familiares e persoas coidadoras.

O premio que ascende a 6.000 euros foi entregado en forma de cheque polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato, á presidenta de ASOTRAME, Cristina Piñeioro, quen agradeceu o recoñecemento polo proxecto do Club de Lectura que desenvolven persoas voluntarias e que “permite aos pacientes abandonar a súa habitación e soñar”, segundo palabras de Cristina Piñeiro.

Este club de lectura permite desconectar da enfermidade a través grazas aos libros, ademais de compartir de xeito online os bos momentos acontecidos coa lectura e as conversas que se intercambian durante as conexións virtuais.