• Novas
  • 13 de agosto de 2021

ASPAMITE inicia as obras de acondicionamento do seu centro social

ASPAMITE inicia as obras de acondicionamento do seu centro social

A Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo (ASPAMITE) iniciou as obras de acondicionamento e mellora das condicións térmicas e de salubridade do andar baixo do seu centro social, unhas instalacións que foron cedidas polo concello durante 50 anos á entidade.

Estas obras son financiadas a través dos fondos do 0,7% do IRPF procedente das persoas contribuíntes que ao facer a declaración da renda marcaron a casiña 106 de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, a coñecida como X Solidaria, e que logo xestiona a Xunta de Galicia. Outra parte do financiamento realízase a través da Deputación de A Coruña a través da convocatoria de subvencións para investimento de Servizos Sociais durante o ano 2021.

Con estes traballos de acondicionamento, dende ASPAMITE pretenden mellorar as condicións das persoas usuarias do centro e do seu persoal laboral e, ao mesmo tempo, mellorar os servizos que oferta a entidade.