Vén de renovar o mobiliario o local que o concello de Teo cedeu, por cincuenta anos, á Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo (Aspamite) para convertelo no seu local social.
Esta adquisición foi posible co financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF procedente das persoas contribuíntes que marcaron a casiña 106 de Actividades de interese xeral consideradas de interese social na súa declaración da renda, coñecido como X Solidaria.
A través do investimento achegado, Aspamite puido adquirir o mobiliario preciso para os obradoiros de autonomía persoal e tamén para os prelaborais que se realizan na súa sede.
ASPAMITE é unha organización sen fins de lucro e declarada de Utilidade Pública constituída no ano 1994 para a atención a persoas con discapacidad.