• Novas
  • 18 de marzo de 2019

CERMI Galicia plantéxalle ao Grupo Parlamentario Popular a necesidade de crear unha comisión permanente sobre a discapacidade na Cámara Autonómica

CERMI Galicia plantéxalle ao Grupo Parlamentario Popular a necesidade de crear unha comisión permanente sobre a discapacidade na Cámara Autonómica



As entidades integrantes do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidadade Galicia (Cermi Galicia), sendo COGAMI unha destas, participaron nunha xornada de sensibilización da discapacidade ante deputadas e deputados do Grupo Popular no Parlamento de Galicia.

Este evento, que contou coa presenza da conselleira de Política Social, Fabiola García, serviu para achegar os logros e as problemáticas que se atopan no seu día a día tanto as entidades que representan á discapacidade como tamén as propias persoas que representan.

Dende o Cermi Galicia, plantexóuselle ao Grupo Popular do Parlamento de Galicia a necesidade de crear unha comisión permanente sobre discapacidade na Cámara Autonómica, ademais da creación dun espazo sociosanitario común, a actualización do  censo de persoas con discapacidade e un desenvolvemento do concerto social.

O voceiro do PP na Cámara, Pedro Puy, recoñeceu o traballo que desenvolven as entidades por mellorar a situación diaria das persoas con discapacidade. Tamén destacou que esta xornada “permitiu afondar no coñecemento e necesidades das persoas con discapacidade, incrementando a sensibilización sobre os seus problemas”.