• Novas
  • 20 de enero de 2023

Charla no centro de día e residencial de Arteixo sobre Alzheimer para orientar ás familias sobre esta doenza

Charla no centro de día e residencial de Arteixo sobre Alzheimer para orientar ás familias sobre esta doenza

Alzheimer: desafíos para a convivencia familiar, é o título da charla que se vai impartir este luns, 23 de xaneiro, ás 17 horas, no centro de día e residencia de Arteixo (Rúa Río Tambre s/nº de Arteixo), pertencente á rede de centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que na actualidade está xestionada pola UTE COGAMI-SIAD24-COMBINA.

A psicóloga, Rebeca Pérez, explicará unha das patoloxías que máis preocupa á sociedade, co fin de orientar ás familias coidadoras, dotalas de ferramentas e informalas sobre os apoios cos que poden contar para poder comprender e convivir coa persoa que ten a enfermidade.

A diferenza entre Alzheimer e demencia, áreas que afecta, coñecer as características propias da enfermidade como a perda de memoria a curto prazo, que pautas seguir cando chega a enfermidade, coñecer as etapas nas que se desenvolve e os seus síntomas, as

estratexias e ferramentas que poden apoiar ás familias e facilitarlles a convivencia con esta doenza, son algunhas das temáticas que se tratarán durante esta charla.

O aforo máximo de asistentes é de 25 persoas, sendo necesario reservar praza chamando ao teléfono 981 119 240.